venres, 5 de novembro de 2021

Reunións do colectivo, Quérote+ e primeiras intervencións na contorna

Xa levabamos tempo sen publicar nada, eh!? O inicio do curso foi un chisco rebordante, coma sempre, mais xa estamos a facer a planificación das nosas primeiras intervencións.

O primeiro que acordamos é o lugar e hora das nosas reunións durante este curso: 

  1. Día da semana: venres
  2. Hora: segundo recreo (12.55h-13-15h)
  3. Lugar: ludoteca (provisional)
As nosas primeiras intervencións van destinadas a visibilizar a nosa mensaxe o 25N (xa vos iremos contando máis detalles) e, obviamente, visibilizar a diversidade afectivo-sexual e de xénero (repoñer bandeiras, decorar escaleiras con cores e mensaxes, publicar no taboleiro etc.).

Temos tamén en marcha xa o programa Quérote+, promovido pola Consellería de Educación, que nos vai traer moita información a través de obradoiros e actividades diversas.

Comezamos!!




xoves, 20 de maio de 2021

17 de maio: o día de Xela Arias e da loita contra a LGTBIfobia



Remata a semana do 17 de maio, unha data moi importante para nós porque celebramos as nosas letras, mais tamén reivindicamos a eliminación da #lgtbifobia
🏳️‍🌈

 Coma #XelaArias con Darío, queremos que todas as familias comprendan o #amor como #acompañar a vida con #liberdade #respecto e #xenerosidade.



Nacemos con ás para sermos libres, as cores das nosas plumaxes son #diversas #naturais e #fermosas 


#querémonoslibres #querédenoslibres #CPIdeZas


martes, 18 de maio de 2021

A importancia de ter referentes ♀ 💜


O equipo feminino do Barcelona F. C. Proclamouse campión da Women's Champions League e a capitá, Vicky Losada, lembra o importante que é para as nenas ter referentes no deporte, máis aínda naqueles tradicionalmente masculinizados coma o fútbol. Parabéns, equipo!! Grazas, rapazas, sodes referentes para nosoutras!! 

#feminismo #deportevioleta #referentes #mulleresdeportistas #mulleresfutbolistas 

luns, 17 de maio de 2021

AMOR É AMOR

 Hoxe, 17 de maio, é o Día Internacional contra a LGTBIfobia, queremos lembrarvos algo tan sinxelo coma isto:


“O Amor é o vento que me anaina 

cando a miña alma está soa” 

(Davinia)

Porque o Amor é a forza que move o mundo, independentemente da cor coa que o pintemos, e amar é unha acción valente e poderosa que nos fai vulnerablemente fortes na vida.

Todos os amores son válidos e todas as formas de sermos e sentírmonos son maxicamente perfectas.

Por todo isto, dende o grupo Libres e Diversxs do CPI de Zas, convidámosvos a ser e amar con liberdade.

#STOPLGTBIFOBIA #DEREITOASER #DEREITOASENTIR #AMORÉAMOR #LOVEISLOVE


Reunións do colectivo, Quérote+ e primeiras intervencións na contorna

Xa levabamos tempo sen publicar nada, eh!? O inicio do curso foi un chisco rebordante, coma sempre, mais xa estamos a facer a planificación ...